EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Xornada téorica-práctica sobre a poda en verde, o 11 de maio na Rúa

Leva por título "Pensa en verde" e está organizada por AEVA

O vindeiro sábado 11 de maio, na aula do Centro Cultural Avenida na Rúa, terá lugar a xornada especializada con prazas limitadas “Pensa en Verde”, enfocada na técnica de pódaa en verde co fin de obter información valiosa sobre as operacións e os custos asociados a estas prácticas, asegurando unha xestión eficiente do viñedo.

Este evento “ofrece unha oportunidade única para aprender da man dos expertos enxeñeiros técnicos agrícolas Enrique Santiago Pérez Espino e Ricardo Dobao Macía”, destacan dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), organizadora da actividade e que anima a participar nela xa que se trata dunha “oportunidade única de mergullarche no apaixonante mundo da viticultura e dominar a técnica de poda en verde”.

A inscrición é gratuíta para os asociados de AEVA, para o resto de persoas interesadas será necesario aboar uha cota de inscrición.

LUGAR: Aula Centro Cultural Avenida na Rúa
DATA E HORA: Sábado 11 de Mayo 09:00:14:00 e 15:30-18:30
RELATORES: Enxeñeiros técnicos agrícolas: Enrique Santiago Pérez Espiño e Ricardo Dobao Macía
PRAZAS LIMITADAS INSCRICIÓN OBRIGATORIA (data límite 10 de maio de 2024).

Máis información en https://www.empresariosdevaldeorras.com/

Artigos relacionados

Back to top button