ConcellosÚltima hora

Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco actúan este sábado no Centro Cultural Avenida da Rúa

A representación da obra Somos criminais comezará ás oito e media da tarde
Cartel da obra “Somos criminais” de Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco.

Despois de colgar o cartel de “entradas esgotadas” en localidades como Viveiro, Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo ou Vigo nos últimos meses, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco chegan a Valdeorras con Somos criminais, a obra de teatro na que os dous humoristas galegos analizan en clave de humor o tema da criminalidade.

Será este sábado 9 de xuño ás 20:30h. cando Touriñán e Blanco se suban ao escenario do Centro Cultural Avenida da Rúa con dúas preguntas concretas no peto: ¿temos unha cultura criminal propia? ¿Delinquimos como galegos? Para responder analizarán e dramatizarán crimes autóctonos en todas as súas variables, dende o crime por inconsciente ata o crime por “acumulación de mala hostia”, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxerencia ou as orixes do narcotraficante galego. E todo para chegar a unha conclusión: “somos criminais”.

Artigos relacionados

Back to top button