En portadaÚltima hora

Xosé Merelles pon en valor o papel do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo no verán

O director de Turismo de Galicia presentaba o evento que se celebrará a vindeira fin de semana na Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño co apoio da Xunta

 

O director de Turismo de Galicia, o valdeorrés Xosé Merelles, describía esta mañá o Festival Espírito Ribeiro coma unha proposta que mestura música, enoturismo e patrimonio, e unha “fórmula de éxito para contribuír á diversificación do turismo durante este verán”, obxectivo primordial da Xunta de Galicia. Estaba acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, así como polos alcaldes de Castrelo de Miño, A Arnoia e Cenlle e polo deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e da presidenta da D.O. Ribeiro.

Neste sentido, Xosé Merelles destacou a aposta que está a realizar o Goberno autonómico polo enoturismo e a enogastronomía e que se constata en iniciativas como o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia deseñado pola Xunta de Galicia con fondos europeos Next Generation que inclúe estratexias en destino como a do Ribeiro-O Carballiño cun investimento global de 1,5M€, executarase nos tres concellos que acollen o Festival Espírito Ribeiro.

O director de Turismo de Galicia fixo estas declaracións na presentación do Festival Espírito Ribeiro que se desenvolve na Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño os días 28, 29 e 30 de xuño co apoio de Turismo de Galicia. No acto lembrou a boa resposta que teñen en Galicia as actividades vinculadas co enoturismo e subliñou que o Festival Espírito Ribeiro “reúne moitos elementos cos que traballamos no noso modelo turístico, entre elas, que contribúe, tamén, a dinamizar o noso rural”.

O Festival Espírito Ribeiro chega á súa cuarta edición combinando música, gastronomía e viticultura aderezada por unha selección de expositores de artesanía de Galicia nos tres concellos ourensáns. Nesta ocasión, o artista Pancho Varona será o embaixador deste evento e encargarase de poñer as notas musicais a unha cita da que se agarda un gran éxito de participación.

 

Artigos relacionados

Back to top button