A sede da Subdelegación de Defensa de Ourense acollía esta mañá o acto de entrega do premio literario “Carta a unha Militar Española”. Xulia Prieto, alumna do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa foi a gañadora do certame deste ano. Neste acto, ademais da ganadora, tamén estivo presente Nerea Gómez, alumna de Pablo VI e gañadora do mesmo premio no curso pasado.
O evento contou coa participación de destacadas autoridades do ámbito militar, relixioso, cultural e político. Entre os asistentes atopábanse Antonio Bernal Martín, delegado de Defensa en Galicia; monseñor José Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense; e Manuel Pardo Cid, delegado da Xunta en Ourense, quen mantivo un encontro coas dúas estudantes.
“Un momento especialmente emotivo foi a mención do Coronel Peñas Preckler, quen destacou o labor educativo do colexio ante o público presente”, destacan dende o Colexio Pablo VI. Ademais, durante a súa intervención, entregáballe ao director do centro rues un diploma de recoñecemento. “Queremos agradecer de corazón o trato próximo recibido e expresar a nosa gratitude aos organizadores, en especial ao tenente D. José Manuel Duque”, sinalan dende o Colexio Pablo VI-Fátima.
Fotos cedidas.

