A Subdelegación do Goberno en Ourense celebraba na mañá do 7 de setembro unha xuntanza para abordar o control do transporte dos produtos vitivinícolas. Nela participaban o subdelegado, Roberto Castro, a delegada Territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, xunto con responsables das denominacións de orixe ourensás (Ribeiro, Monterrei e Ribeira Sacra e Valdeorras) e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Autonómica.
Con esta acción conxunta de control trátase de verificar o cumprimento da normativa europea, nacional e autonómica relativa ao transporte destes produtos vitivinícolas. Estes controis súmanse aos que realizan os propios consellos reguladores para verificar a entrada de uva nas adegas.