Esta mañá tiña lugar unha xuntanza na Subdelegación de Goberno en Ourense co obxecto de “coordinar os recursos dos Gobernos central e autonómico para o control do transporte de uva e de mosto en estrada na provincia de Ourense nestas datas de vendima e evitar, así, situacións fraudulentas que se poidan producir coa entrada de uva foránea”.
O Subdelegado do Goberno, Emilio González, presidía esta xuntanza de coordinación para a persecución contra o fraude da uva foránea para velar pola calidade dos viños das denominacións de orixe da provincia. Neste senso, González, destacaba “a necesidade e prioridade da existencia deste tipo que controis que permiten que non se distorsionen os nosos viños” e resaltou a “importancia” que teñen, especialmente en Ourense, onde temos o sector vitivinícola máis extenso con catro das cinco denominacións de orixe da Comunidade autónoma”.
Ademais trasladou os esfrozos que se están a realizar dende o Goberno por “velar pola calidade alimentaria dos nosos productos” sinalando e lembrando que dende decembro de 2022 entrou en vigor o Rexistro Público de Contratos Alimentarios creado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Este rexisteo de “uso obrigatorio” no que se deben inscribir tódolos contratos antes da entrega dos productos ten a finalidade de suministrar información á Axencia de Información e Control Alimentarios e ás autoridades a información necesaria para velar polo cumplimento da normativa.
O Subdelegado puxo en valor, unha vez máis a “necesidade da colaboración interadministrativa” para desenvolver este tipo de controis que se realizan entre a Xunta de Galicia a través de AGACAL e a Consellería de Medio Rural, e as forzas e corpos de seguridade do Estado. Durante a campaña de 2022 a Garda Civil realizou 242 controis ao transporte de mercancías nas estradas da provincia para garantir a procedencia da uva.
No encontro estiveron tamén presentes o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o xefe territorial de Medio Rural, Luis Jorge Álvarez Ferro; o director de AGACAL, Jose Luis Cabarcos; o presidente do Consello regulador da DO Monterrei, Jonatás Gago; a secretaria do Consello regulador da DO de Valdeorras, Ana Patricia de Andrés; o presidente do consello regulador da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía; o presidente do Consello regulador da DO Ribeiro, Juan Manuel Casares; o xefe de protección civil da Subdelegación, Brais Pérez; a secretaria accidental da subdelegación, Mar Martínez e representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado, Garda Civil e Policía Nacional.