Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Xuntanza de persoal técnico forestal da Xunta, en Chandrexa de Queixa

 

O personal técnico forestal da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, aproveitaba o festivo das Letras Galegas do pasado 17 de maio para celebrar unha xuntanza en Casa Cardiego, no concello de Chandrexa de Queixa.

A convocatoria, á que asistían enxeñeiras e enxeñeiros do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, do Servizo de Montes e dos cinco Distritos forestais en que se divide a provincia, tiña por obxectivo principal “facer equipo”, reforzando os lazos de compañeirismo máis aló da relación laboral que manteñen no seu día a día.

Así, durante a xornada abordábanse “diversas propostas e iniciativas sobre xestión forestal e defensa contra incendios, principais liñas de traballo deste colectivo, poñendo o foco en sentar as bases para definir unha postura común ante a inminente división do personal técnico dos Distritos forestais entre a Dirección Xeral de Defensa do Monte e a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal”, segundo informan os organizadores do encontro.

O resultado da xornada, organizada polo Distrito XIII: Valdeorras-Trives, foi moi satisfactorio na opinión dos asistentes, de xeito que xa teñen en mente convocar novas reunións que terán lugar no resto de Distritos da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button