CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

XVII Mostra de Corais en Viana do Bolo

Este encontro musical, celebrado este sábado, estaba promovido polo Orfeón Vianés

 

A Casa da Cultura de Viana do Bolo enchíase de público con motivo da XVII Mostra de Corais que organiza o Orfeón Vianés. Ademais da entidade anfitrioa, neste evento tamén cantaban a Asociación Cultural de Botos (Lalín, Pontevedra) e a Coral Polifónica Val do Avia (Leiro, Ourense).

Cada unha das formacións musicais interpretaba catro pezas, abrindo o concerto a Asociación Cultural Botos, seguida da Coral Polifónica Val do Avia e, finalmente, do Orfeón Vianés, que cantaba a “Virxe do Portovello”, “A Roliña”, “Con sabor tropical” e “Pinga con limão”. A mostra finalizaba con todas as agrupacións sobre o escenario e coa entrega de agasallos de agradecemento por tomar parte neste evento.

Fotos: Ares Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button