DeportesÚltima hora

A XVIII Carreira Solidaria do Arenteiro espera acadar a mesma participación do ano pasado

A saída darase este domingo e será un percorrido de dez kilómetros
carreira_solidaria
Na presentación estiveron presentes os representantes da organización da carreira e os de Cruz Vermella e Cáritas, entidades beneficiarias dos alimentos recadados.

A organización da XVIII Carreira Solidaria do Arenteiro espera acadar unha participación semellante á do do pasado ano, que foi de 750 persoas. A día de hoxe, o número de inscritos case chega aos 400 e o prazo continuará aberto ata o próximo xoves 15 de decembro, sinalaron os organizadores do evento. No caso das categorías infantís, incluso poden apuntarse ata as 11 da mañá do propio día da carreira, que será o domingo 18 de decembro.

No acto de presentación celebrado hoxe no Concello de O Carballiño, contaron coa presenza do concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Dacal, que acompañou ao presidente do club de Atletismo Arenteiro, Luis Iglesias e á xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, todos responsables da organización da carreira. Todos os productos que se recaden durante esta cita irán destinados ás asociacións de Cruz Vermella e Cáritas.

Dado este carácter solidario da carreira, as inscricións son totalmente gratuitas, e só se pide aos participantes que colaboren coa entrega de alimentos non perecedeiros e chacinería envasada ao baleiro, así como produtos de hixiene e aseo persoal tanto para adultos como para bebés. Todas estas achegas depositaranse nunha carpa habilitada o propio día da proba.

O concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Dacal, animou aos carballineses a participar neste evento deportivo e solidario, recordando que incluso pódese acudir como público, para arroupar aos corredores e corredoras. No mesmo sentido pronunciáronse os demais membros da organización.

En canto ao percorrido, haberá unha ruta reducida de cous kilómetros para as categorías inferiores e outra de dez kilómetros para os demais. Por outra banda, os máis pequenos terán unha ruta moi curta ao redor da zona de Veracruz. Está previsto que a saída sexa ás 11:00 horas, dende devantida praza, pero a partires das 9:30 horas comazará a recepción e entrega de dorsais. Dende a organización sinalaron que estableceranse dúas categorías -masculina e feminina- con clasficiacións diferenciadas.

O itinerario da carreira é o seguinte: praza da Veracruz, rúa do Paseo, Avenida do Parque, instituto Chamoso Lamas, Muíños, Fábrica do Papel, Sendeiro do Arenteiro, Parque Municipal, Piscifactoría, interior do parque, rúa do Paseo e praza da Veracruz. Un percorrido urbano e natural con tramos de asfalto e de terra e no que haberá zonas de avituallamento onde se entregarán bebidas e alimentos.

 

Artigos relacionados

Back to top button