CulturaCulturaSen categorizarÚltima hora

XXX Premio “Celanova, Casa dos Poetas” para Manuel Rivas

O acto de entrega do galardón será o 7 de setembro, en Celanova
Invitación á entrega do premio na Casa dos Poetas de Celanova
Invitación á entrega do premio na Casa dos Poetas de Celanova.

Personalidades do mundo da cultura como Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Neira Vilas, Xesús Alonso Montero ou Isaac Díaz Pardo, foron premiados anteriormente pero nesta ocasión, é o xornalista e escritor Manuel Rivas, o galardoado co XXX Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, promovido pola Fundación Curros Enríquez cuxo acto de entrega celebrarase o vindeiro domingo 7 de setembro, en Celanova.

O programa comezará ás 11h. coa recepción do premiado e convidados na Casa do Concello, amenizada musicalmente polo grupo de gaitas do Concello de Celanova. Media hora máis tarde terá lugar unha ofrenda floral diante do munumento de Celso Emilio Ferreiro, que incluirá a “Alborada de Celanova” a cargo do grupo de gaitas do Concello e a intervención por parte do alcalde e presidente da Fundación, José Luís Ferro Iglesias. Trala colocacion do ramo de flores diante do monumento, haberá un recital de poemas de Emilio Ferreiro e Curros Enríquez, rematando co himno galego.

E xa en torno ás 12h. procederase ao acto central da xornada: a entrega do premio na Horta da Palabra da Casa dos Poetas. O presidente da Fundación será o encargado de abrir o acto coa posterior letura da acta do premio por parte do secretario. Trala entrega do galardón a Manuel Rivas, o premiado asinará no libro de honra da Fundación, rematando o acto coas palabras de Xurxo Souto e a actuación do grupo de música Zoar Ensemble.

Unha vez rematado o acto, os asistentes poderán compartir co escritor, un aperitivo na mesma Horta da Palabra.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button