ConcellosPetínÚltima hora

146.063,27 euros para renovar o alumeamento público en tres zonas de Petín

O Concello vén de facer pública a concesión desta axuda que permitirá cambiar as instalacións en Santa María, rúa Barcelo e na zona do Centro Médico

Panorámica de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello de Petín recibirá unha axuda por importe de 146.063,27 euros para a renovación de instalacións de alumeamento público en Santa María, Rúa Bacelo e zona Centro Médico deste municipio. Trátase dunha axuda para investimentos en proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Este proxecto, segundo a información feita pública polo Concello, consistirá na renovación das instalacións de alumbrado exterior nas tres zonas citadas. “Vaise actuar en 160 puntos de luz dos 728 existentes no municipio, substituíndo as luminarias existentes por novas de tecnoloxía LED”. Ademais o proxecto contempla actuacións en 3 dos 16 cadros de mando deste concello valdeorrés, que van “ser reformados para adaptalos á normativa vixente. Ademais instalarase un sistema de telexestión punto a punto que permita obter e xestionar información detallada sobre consumos, mantemento e fluxos luminosos”.

Así mesmo, esta actuación permitirá diminuír a pontencia de 26,87 kW a 14,17 kW, e conseguirase un aforro enerxético estimado do 60%.

Artigos relacionados

Back to top button