EconomíaEconomíaÚltima hora

23 locais comerciais do Barco participan na campaña ‘Máis rebaixas’

Do martes 16 ao sábado 27 de agosto, os establecementos participantes ofrecerán aos seus clientes produtos a prezos moi rebaixados

Publicidade

 

Un total de 23 establecementos do Barco de Valdeorras participan na campaña ‘Máis Rebaixas’ organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA), que poñerá punto e final ás rebaixas de verán con grandes descontos en produtos da tempada estival.

Do martes 16 ao sábado 27 de agosto, os establecementos participantes, pertencentes a diferentes sectores de actividade, ofrecerán aos seus clientes produtos a prezos moi rebaixados durante toda a semana. Estes situarán un espazo nas súas tendas cos produtos en promoción, ou exhibiranos no exterior dos seus locais, colocados en burros ou mesas na beirarrúa; sen entorpecer o paso aos peóns.

Os clientes poderán identificar os comercios participantes a través dun cartel promocional, ou consultar a información da campaña na páxina web www.obarcoccaberto.com.

Os establecimentos participantes son: Ana de la Puente, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can Can, D’Chus, Deportes y bicis Chapi, Eneska, Estética Pamen, Ferretería Moncho, Garoba, Librería Murciego, Marylebone, N 37, O Bambán dos Sorrisos, Pili Confecciones, Pizpireta, Praxis, Spar Express Viloira, Ton y Son, Trios 2.0, Zapatería Moral e Zapatería Palpie.

 

Artigos relacionados

Back to top button