ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

26.000 euros para reforzar a seguridade viaria na contorna do CEIP San Martiño de Vilariño de Conso

O Concello vén de asinar esta mañá de forma telemática un convenio coa Consellería de Infraestruturas

Reunión telemática entre a alcaldesa de Vilariño de Conso e a conselleira de Infraestruturas na que se asinou o convenio.

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, asinaban esta mañá de xeito telemático un convenio de colaboración para o reforzo da seguridade viaria na contorna do CEIP San Martiño, que suporá un investimento autonómico de preto de 26.000 euros.

Esta acordo ten como obxecto desenvolver distintas actuación na vía OU-070, que vertebra o municipio, e en cuxas beiras se atopan diversos equipamentos educativos e sociais, como o CEIP San Martiño. “Esa zona carece de beirarrúas, paso de peóns e dunha iluminación axeitada. Ademais, nesta vía tamén se atopan un viveiro de empresas e un albergue de peregrinos, ademais da futura residencia, aínda en construción”, tal e como informan dende Infraestruturas.

 

 

O convenio asinado hoxe recolle os traballos necesarios para reforzar a seguridade viaria nesa contorna, coa execución de beirarrúas e dun paso de peóns no entorno do colexio. Ademais dotarase a zona dunha iluminación adecuada coa instalación eléctrica soterrada a base de plafóns integrados na propia beirarrúa, ademais de instalación de varanda entre o talude e a beirarrúa.

A Xunta asume o custo da execución destas actuacións, mentres que o Concello se compromete á licitación e á execución das obras. A entidade local asumirá, ademais, a xestión de todos os terreos necesarios, así como a reposición de servizos e servidumes afectados non incluídos no proxecto.

 

Zona da actuación./ Fonte: Consellería de Infraestruturas.

Artigos relacionados

Back to top button