Na mañá deste mércores 2 de novembro inaugurábase na Rúa o obradoiro de emprego Laboru III, das ramas de forestal e albanelería a desenvolver entre A Rúa, Larouco e O Bolo. Subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, esta edición do obradoiro formará a 26 persoas destes tres concellos.
O acto inaugural tiña lugar no Centro Cultural Avenida da Rúa (concello promotor), contando coa presenza de alumnos, profesores e os alcaldes da Rúa, Álvaro Fernández; O Bolo, Manuel Corzo; e a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.
Fotos: Concello da Rúa.