
A conmemoración do 75 aniversario da morte do poeta Antonio Machado será o eixe sobre o que xire o 28º Encontro de Poetas que se celebrará os días 20 e 21 de xuño na Rúa.
Tal como explica Mª Carmen Gago dende a organización “hai algunhas incorporacións novas do Bierzo e Vigo principalmente”. A propia Gago adianta que a participación poética estará coma sempre en torno aos 60.
Os cantautores, que amenizarán as xornadas serán Esther do Bierzo o venres día 20 e Jaime Correa o sábado 21. Ademais de recitar, Correa “vén presentar o seu último disco “Peregrino” que xa foi levado a varias localidades galegas ademais da televisión con gran acollida por parte do público” apunta Mª Carmen Gago, engadindo que son 7 temas propios, excepto a canción “Decir Galicia”, cuxa letra é da propia Mª Carmen, e “Sentir” con letra de Carmen Álvaro.
Texto e foto: Mónica G. Bellver
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil