ConcellosÚltima hora

42 detidos e 3.384 propostas de sanción en Galicia, tras a primeira semana en estado de alarma

O delegado do Goberno en Galicia apela a "cumprir a normativa e a facer caso ás indicacións das forzas e corpos de seguridade do Estado"

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O delegado del Gobierno en Galicia, Javier Losada, vén de agradecer publicamente a actitude da cidadanía galega durante a primeira semana de estado de alarma, se ben tamén alerta sobre as detencións rexistradas e as propostas de sanción.

Así Losada amosa a súa preocupación polas máis de 3.300 propostas de sanción realizadas polas forzas e corpos de seguridade do Estado, que detiveron a “42 persoas con alto nivel de reincidencia. En concreto, entre a Garda Civil, a Policía Nacional e as Policías Locais das sete cidades realizaron un total de 3.384 propuestas de sanción”.

En concreto, a Gardia Civil ha realizado 1.301 propostas de sanción, con 4 detencións; a Policía Nacional suma 1.175, con 19 detencións; e as Policías Locais das sete cidades acumulan 908, con 19 detencións.

Losada considera fundamental “protexer a quen se está xogando a vida”, que son “o persoal sanitario e as forzas de seguridade”. Por iso, e para reducir o risco de contaxio destas persoas, apelouse a permanecer nos domicilios, cumprir a normativa e a facer caso ás indicacións das forzas e corpos de seguridade do Estado”.

Por outra banda, o delegado do Goberno celebrou hoxe unha nova reunión do centro de coordinación que ten en Galicia o executivo de Pedro Sánchez.

Artigos relacionados

Back to top button