SanidadeÚltima hora

42 novos especialistas formados na provincia inician a súa carreira profesional

Con doce novos especialistas Medicina Familiar e Comunitaria é o grupo máis numeroso de post graduados

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras despedía esta mañá aos coarenta e dous novos especialistas que acaban de rematar a súa formación nas diferentes especialidades facultativas e de enfermería. Todos eles superaron unha intensa etapa de aprendizaxe, de dous a cinco anos, coincidindo nalgúns casos con todo o período pandémico, na que o seu esforzo foi fundamental.

Como vén sendo habitual, con doce novos especialistas Medicina Familiar e Comunitaria é o grupo máis numeroso de post graduados, seguido Anestesia e Reanimación, Medicina Interna, Pediatría e Psiquiatría, con dous novos especialistas respectivamente, e un en cada unha das disciplinas de Obstetricia e Xinecoloxía, Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica, Medicina Intensiva, Neumoloxía, Hematoloxía e Hemoterapia, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Radioloxía e Radiodiagnóstico, Nefroloxía, Farmacia Hospitalaria e Psicoloxía.

Enfermería tamén conta desde hoxe con nove especialistas máis: tres de atención familiar e comunitaria, e dous, respectivamente de saúde mental, pediatría e obstétrico-xinecolóxica.

Traballando en primeira liña

Moitos dos residentes que agora rematan, contribuiron desde os seus servizos, ou formando parte dos dispositivos que se abriron para loitar contra a pandemia, como o de atención telefónica de seguemento hospitalario dos pacientes , na atención as residencias integradas de Os Miragres e Piñor, ou organizando respostas innovadoras a esta crise, como co envio a domicilio de medicación organizado desde Farmacia, o telefono de atención de Pediatría, de Xinecoloxía; no seguemento proactivo deste atención primaria…

Unha vez mais, desde a Dirección da Área Sanitaria de Ourense deséxase facer público o seu agradecemento ao masivo compromiso e dispoñibilidade, así como do conxunto de todos os e as residentes en formación, que continúan a prestar un servizo imprescindible nestes días, con dedicación e espírito solidario.

De dous a cinco anos de “residencia”

Dende 1977, data da Orde Ministerial que institucionalizou a nivel nacional a vía MIR, a Comisión de Docencia de Ourense, leva mais de corenta anos formando especialistas dun xeito continuado, aumentando progresivamente a súa acreditación para impartir formación en novas especialidades e centros.

A duración do período de formación dos novos residentes depende da especialidade elixida. Nas de enfermería son dous anos, farmacia e psicoloxía catro, ao igual que na maioría das disciplinas médicas, salvo en cirurxía xeral e do aparello dixestivo, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, medicina interna, medicina intensiva e oncoloxía onde se estenden a cinco anos.

A apertura do acto de clausura do curso correu a cargo da directora asistencial da Área Sanitaria, Mar Vázquez, que deu paso a recollida de certificacións de especialidade e entrega de premios e bolsas de estudos.

O Dr. Xosé Luis Muíño, xefe de Servizo do Centro de Saúde A Cuña-Mariñamansa, foi o responsable de impartir a conferencia maxistral, que versou sobre “O Sistema Sanitario Español”. Seguidamente participaron o representante dos residentes, Natalia de Vicente, nova especialista en Aparello Dixestivo, a xefa de estudos da Unidade Docente Multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria, Sandra Pardo e o presidente da Comisión de Docencia, e Jesús García Mata, pechando o a directora de asistencia.

 

 

Como xa ven sendo unha tradición, os novos especialistas recibiron un alfinete de prata deseñado polo escultor ourensán Manuel García “Buciños”, peza única denominada “Unha ponte cara á saúde” que lle foi encargada pola Área Sanitaria ourensá, para servir como lembranza do seu paso polas unidades docentes de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button