
Dende hoxe e ata o domingo 30 de maio, a localidade cántabra de Torrelavega acolle o Campionato de España de Clubs, competición que se celebrará no Pavillón Habana Vieja e no que participarán case 1.200 deportistas nas modalidades de Probas Técnicas por Equipos, Kata por Equipos e Kumite por Equipos.
E entre eses karatekas que o darán todo sobre o tatami, están os do Club River Stone (O Barco de Valdeorras) que participará na modalidade de Kata por Equipos, nas categorías alevín e infantil, con nove deportistas: Nazan Barreda Fernández; José Carrera Fernández, Pablo Prada Anta, Héctor Amaro Rodríguez, David Fernández Fernández, Brian Rodríguez Carballo, Aina Moral Castro, Diego Prada Rodríguez e Cloe Yáñez González.