Dobre título para o Adas do Barco no campionato galego absoluto por equipos
4 de Febreiro de 2019
Vencía tanto na categoría feminina como na masculina por clubs, sendo o mellor resultado valdeorrés individual o de Sandra Mosquera, subcampiona galegaAlgúns dos atletas do Adas que competían nas Pontes no galego absoluto individual e por equipos./ Foto: A.R.
No campionato de Galicia absoluto, Sub23 & Sub20 de campo a través, que se desenvolvía o 3 de febreiro nas Pontes, o Club Adas colleita catro podios. En categoría individual feminina, a sénior Sandra Mosquera proclamábase subcampiona ao correr os 9 km de distancia da proba en 34:08. Só a superaba Paula Mayobre (34:02).
Ademais o equipo feminino do Adas (formado, por Mosquera, Susana Arrúa, Iria Fernández, Joana F. Pereira, Barca Toba e Paula Santos) vencía nesta cita, cun total de 10 puntos.
Na categoría masculina Iván Roade era terceiro e Alejo Ares cuarto. E ambos lograban (xunto a Carlos Villamor, José Talavera, Alfonso Mendoza e A. Essaadaoui) o título absoluto da proba (9 km.), ao sumar 20 puntos.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.