ConcellosÚltima hora

Falece unha persoa en Vilariño de Conso nun atropelo

O suceso tiña lugar esta tarde de 14 de maio na estrada que une Castiñeira e Vilariño

Nesta tarde de 14 de maio unha persoa de avanzada idade perdía a vida no municipio de Vilariño de Conso despois de ser atropelada por una escavadora, segundo informa o 112 Galicia. O suceso tiña lugar arredor das seis da tarde na estrada que une Castiñeira e Vilariño.

“Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do ocorrido e, nada máis ter constancia, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, do GES da Gudiña e de Protección Civil de Vilariño de Conso”, indican dende o 112 Galicia.

Sen embargo, unha vez no lugar do suceso, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa atropelada.

Artigos relacionados

Back to top button