A praza Andrés de Prada desa vila acollía a exhibición de fin de curso desta disciplina das Escolas Deportivas Municipais
As alumnas de diferentes idades e dos diversos grupos de zumba das Escolas Deportivas Municipais do Barco enchían de ritmo e movementos a praza Andrés de Prada da vila. A partires das oito e media da tarde deste venres 14 de xuño daba comezo a “3º Exhibición Zumba Summer” ante un numeroso público.
As primeiras en bailar eran as alumnas de menor idade e despois íase dando paso aos grupos das maiores. Deste xeito amosaban o traballo realizado ao longo deste curso que vén de rematar.
Fotos: A.R.