OurenseÚltima hora

Vilamarín acollerá a XXXII edición das “Noites Teatrais” do 15 ao 19 de xullo

Terá lugar no Auditorio Municipal ás 22:30 horas

O Concello de Vilamarín será capital das artes escénicas galegas do 15 ao 19 de xullo coa celebración da XXXII edición das “Noites Teatrais”. A cita terá lugar ás 22:30h. no Auditorio Municipal. Así, a presentación oficial desta actividade tivo lugar hoxe, día 9 de xullo, no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e os concelleiros de Desenvolvemento e de Cultura de Vilamarín, Marcos Vázquez e Marina Rodríguez, respectivamente.

 

Presentación da XXXII edición das “Noites Teatrais” en Vilamarín. Asisten Rosendo Fernández (Vicepresidente Deputación), Marcos Vázquez (Tenente Alcalde do concello de Vilamarín) e Marina Rodríguez (Concelleira de desenvolvemento do concello de Vilamarín).

 

O programa de espectáculos comezará o vindeiro luns 15 de xullo coa función “Despaciño e boa letra”, do grupo de teatro de Vilamarín. “Comezamos unha vez máis esta edición, como o facemos desde hai tres anos, cos veciños do noso municipio. Un espectáculo que está a altura das “Noites teatrais”, a pesar de non ser profesionais”, salientou o concelleira de Cultura de Vilamarín.

O seguinte día, martes 16 de xullo, actuará a Aula de Teatro Universitaria de “Mariacastaña”, de Ourense, que protagonizarán a obra “Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse”. “Vida de cans” será a obra que os composteláns Talía Teatro interpretarán o mércores 17. Así, o xoves 18 os encargados de subirse ao escenario serán Malasombra Producións, da Estrada, coa obra “Bernarda (Vilalba 1975)”. Por último, os encargados de pechar esta edición das “Noites Teatrais” serán Contraproduccións, de Vedra, co espectáculo “Commedia”.

Texto: Alba Prada

 

Artigos relacionados

Back to top button