Non como quixeran (no Malecón), xa que a situación polo estado de alarma non o permite, pero os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Barco de Valdeorras quixeron estar presentes, aínda que de xeito virtual, no Día das Letras Galegas que se celebra mañá 17 de maio na honra a Ricardo Carvalho Calero.
Con este vídeo e á espera de desenvolver como ven sendo habitual, as actividades en colaboración co Centro Comercial Aberto, involucrando a toda a comunidade educativa, deixan a porta aberta á esperanza de “continuar o noso labor dinamizador que tantas alegrías e éxitos nos ten dado en prol da nosa lingua”, aseguran.
Nesta homenaxe virtual ás Letra Galegas están representados todos os centros do Barco: IES Martaguisela, IES Lauro Olmo, CEIP Otero Pedrayo, CEIP Conde Fenosa, CEIP Julio Gurriarán e Divina Pastora.