A Policía Nacional vén de imputar por un delito de tráfico de drogas ao home detido por apuñalar hai dous días a un policía na cidade de Ourense.
“Axentes especializados na investigación de delitos contra a saúde pública e, en concreto, o tráfico de drogas a pequena e mediana escala da Comisaría Provincial de Ourense iniciaron a investigación a finais de abril. Durante o desenvolvemento da mesma, constatouse que un home era provedor de substancias estupefacientes e localizouse o almacén dende o cal se abastecía de mercadoría para a súa distribución”, segundo a Policía Nacional de Ourense.
Na tarde de onte, no marco da investigación do citado delite, levouse a cabo a entrada e rexistro no almacén onde, ao parecer, atopábanse as substancias estupefacientes que distribuía. “No lugar localizáronse 48 pastillas de MDMA, 370 gramos de cocaína, 16 gr de heroína, substancia de corte e útiles para corte tales como unha hacha, unha balanza de precisión, unha prensa e unha mordaza, material que foi incautado. Deuse a circunstancia de que, durante o desenvolvemento da investigación, o home investigado por estes feitos foi detido por agredir con arma branca a un policía nacional o pasado 9 de xuño”, tal e como informa a Policía Nacional.
O detido é un home de 40 anos, natural de Ourense, ao que lle constan 18 detencións anteriores. Pasaba a disposición xudicial nesta mañá de xoves.
Fotos cedidas.