O deporte cobra protagonismo nas actividades programadas dende o Concello de San Xoán de Río para este verán. Así neste mes de agosto ponse en marcha o programa “Móvete con Río” con diversas actividades no pavillón municpal
Así cada martes haberá ximnasia de mantemente ás 19:30h. e ás 20:30h. comezará a sesión de zumba. Ademais os venres haberá pilates ás 19:30h. e tamén zumba ás 20:30h. Dende o Concello matízase que para pilates será necesario “levar colchoneta/esterilla” e que a clase do venres 7 de agosto, data que é festivo local, celebrarase o xoves 6 de agosto.
As actividades faranse seguindo o procolo Covid.