Con moi bos resultados reencontrábase a pasada fin de semana o padexeiro barquense Adrián Prada coa competición en pista, tras case catro anos sen tomar a saída nunha proba e recén estreada a súa graduación en Enfermería.
Tomaba a saída en K-4 no campionato galego sprint sénior, celebrado o 9 de agosto en Verducido (Pontevedra), vestindo as cores do Club Piraguismo Verducido-Pontillón, e compartindo embarcación con Joaquín Iglesias, Roi Carles e Valentín Sabaris (os catro son adestrados por Jabucho).
Este K-4 clasificábase na contrarreloxo para a final A en 500 m, acadando nela unha meritoria quinta posición e un tempo de 00:01:32,74.
Fotos cedidas.