En portada

Un filme sobre a explotación de wolfram en Valdeorras abrirá o XX OUFF

O certame ourensáns inaugurarase o 14 de novembro o coa proxección de “Lobos sucios” do coruñés Simón Casal
Cartaz do filme galego "Lobos sucios".
Cartaz do filme galego “Lobos sucios”.

A extracción de wolfram décadas atrás nos montes de Valdeorras saltará á gran pantalla coa “Lobos Sucios”. Con esta longametraxe, dirixida polo coruñés Simón Casal, abrirase o pano do XX Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se celebrará do 14 ao 22 de novembro. Esta proxección suporá a estrea desta película en España.

“Lobos sucios” é, en palabras de César Silva, responsable de programación do OUFF, “unha boa historia”. Trátase dunnha película galega que rescata a explotación do wolframio nas minas dos concellos mais orientais da provincia de Ourense, en concreto na comarca de Valdeorras, durante a Guerra Mundial. Estas foron “circunstancias decisivas” para que os responsables do certame se inclinaran “por ser fieis á tradición de abrir o festival cunha película galega ou que conta historias vencelladas á Galicia. Na edición anterior esa honra correspondeulle á laureada “A Esmorga”, do director valdeorrés Ignacio Vilar, a encargada de levantar o telón na sesión inaugural”, tal e como se informa dende a organización do OUFF.

Neste filme nárrasa a historia de dúas irmás que viven nunha zona rural illada. Unha traballa no lavadoiro da mina e a outra dedicáse ao estraperlo nas montañas. A chegada dun espía belga ao lugar, que ten a misión de facer unha sabotaxe no cargamento que van enviar os nazis ás fábricas de armamento en Alemaña, é o desencadeante da trama.

O director da longametraxe, Simón Casal, ten comentado que o punto de partida de “Lobos sucios” foi o documental do mesmo nome do tamén valdeorrés Felipe Rodríguez (que é ademais o guionista da película). A partires de aí foron traballando no guión ao longo dous anos. O resultado dese traballo poderá verse na gran pantalla o 14 de novembro en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button