Como medida preventiva fronte ao Covid-19, o Concello de Viana do Bolo vén de colocar uns 17 dispensadores de xel hidroalcólico en diferentes puntos da vila, como son os accesos á praza Maior de Viana, os accesos ao cemiterio e ás Oficinas municipais, Centro de Saúde, SEPE, etc.
Dende o Concello lémbrase tamén á veciñanza “a importancia de seguir as medidas que esixen as autoridades sanitarias, de hixiene persoal e colectiva, así como, a necesidade de manter a debida separación entre as persoas”.
Fotos: Concello de Viana do Bolo.