Na madrugada do martes 5 de xaneiro un céntrico establecemento de hostalaría do Barco sufría un intento de roubo. Saltaba a alarma e a Garda Civil, que se encontraba cerca do lugar, achegábase de inmediato e frustraba a actuación das persoas que estaban tratando de perpetrar o delito e que resultaban detidas.
Os ladróns pretendían acceder ao establecemento entrando dende un local anexo, pero a rápida intervención das forzas de seguridade impedía a súa acción. Esta mañá aínda podían verse os danos causados polo intento de roubo nunha das cristaleiras deste negocio.