Neste ano sen celebacións de Entroido os veciños de Chaguazoso (Vilariño de Conso) eran agasallados cunha visita tan especial como emocionante. De feito moitos deles acollían con bágoas a fugaz presenza dos Boteiros desta localidade, que se achegaban ás súas casas para levarlles de forma simbólica o espírito desta ancestral tradición, entre carreiras e saltos.
Despois de facer o percorrido, tamén se achegaban ata a espectacular morrena do Cenza, ao pé do pobo, que percorrían entre saltos nun Sábado de Entroido complemente atípico, no que non se deixaba sentir o tradicional toque do folión.
Fotos: Carlos G. Hervella.