Achegar aos máis pequenos a través dos monicreques a aqueles conceptos que permiten reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres en diferentes ámbitos e tamén sobre a conciliación. Este é o obxectivo da función teatral infantil “Cousas da casa”, da compañía Mircromina Títeres, que vén de representarse esta mañá no PAI (Punto de Atención á Infancia) de Vilariño de Conso e no CEIP San Martiño desta mesma localidade.
Este espectáculo, promovido dende o Concello de Vilariño de Conso, enmárcase nos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller neste municipio.
Fotos cedidas polo PAI de Vilariño de Conso.