O traballo que vén desenvolvendo a Biblioteca Pública Municipal de Verín vén de ser recoñecido pola Real Academia España (RAE). O seu director, Darío Villanueva, vén de remitirlle unha carta na que expresa a súa felicitación e gratitude polo
“magnifico labor” que esta biblioteca “vén realizando para a promoción da lectura e a actividade solidaria de voluntarios mozos”.
Asemade Villanueva incide na importancia deste tipo de proxectos para o achegamento das novas xeracións a “esta actividade formativa e enriquecedora que é a lectura”.
Coincidindo co IV Centenario da publicación da segunda parte do Quixote, o director da RAE quixo obsequiar á instalación municipal cos exemplares das dúas edicións con que esta academia fixo inmortal a novela: a popular e escolar a cargo de don Arturo Pérez Reverte e a crítica e erudita dirixida por don Francisco Rico, tal e como se informa dende o Concello de Verín.