Novo podio para o padexeiro barquense Adrián Prada Pérez, que compite co Club de Piragüismo Verducido Pontillón. Tras o segundo posto no nacional de maratón que lle valía tamén o pase ao europeo de Moscú en maio, nesta primeira fin de semana de xullo este valdeorrés, adestrado por Jabucho, tomaba a saída en K1 en Talavera de la Reina no Campionato de España de Media Maratón.
Nesta competición lograba outro segundo posto cun rexistro de 1:13:37.48, só superado polo do seu compañeiro de club e amigo Joaquín Rodríguez, que completaba os 3.800 m da proba cun tempo de 1:13:35.67.
Ademais, Adrián Prada estaba acompañado nesta competición polo seu irmán Raúl, que tamén viste as cores do Verducido Pontillón, que competía en K2 cadete, onde lograba rozaba o podio, clasificándose nun cuarto posto.
Fotos cedidas.
Na galería de fotos: Adrián Prada no podio e o seu irmán Raúl competindo en K2 cadete.