A obra do artista Jesús Díaz Ferrer (O Barco, 1922-Concud, Teruel, 2017) volve reencontrarse coa vila na que naceu. Do 2 ao 31 de xullo o Casino do Barco acollerá unha exposición na que se repasará a obra deste creador. Será fundamentalmente pintura, pero tamén se valor incluír algunha das súas esculturas.
As obras que poderán verse forman parte dunha colección particular e son de diferentes etapas, en concreto van dende finais dos anos 40 ata o 2015, tal e como adiantan dende a organización da mostra.
O acto inaugural da mesma está previsto para o venres 2 de xullo ás 20:30h. Nel intervirán o artista Xelo de Tremiñá e Lolo Gómez Segura.
O horario de visitas da exposición será de 19:30h. a 22h. os xoves, venres e sábados.
Na galería de imaxes, algunhas das obras que poderán verse na mostra. Fotos cedidas.