DeportesGalerías de fotosÚltima hora

I Torneo de fútbol sala do Concello de Vilariño de Conso

Con dúas categorías desenvolvíase o I Torneo de fútbol sala do Concello de Vilariño de Conso neste Nadal. A competición comezaba cos partidos dos adultos, que se celebraban os días 26 e 27 de decembro no pavillón municipal. A foto que abre esta galería de imaxes é a do primeiro e segundo clasificado do torneo adultos, mentres que a segunda foto é a do equipo que quedaba en terceiro lugar.

O ganador do torneo recibía un premio de 300 euros máis trofeo, o segundo 100 euros máis trofeo e o terceiro 30 euros máis trofeo.

Ademais 2 de xaneiro tiñan lugar os partidos da categoría sub-15, cuxo ganador aparece na terceira foto desta galería. Recibía trofeo e medallas.

Fotos cedidas polo Concello de Vilariño de Conso.

Artigos relacionados

Back to top button