ConcellosO BoloÚltima hora

O incendio dunha cheminea en Cambela (O Bolo) mobiliza aos equipos de emerxencias

 

A primeira hora desta tarde producíase un incendio nunha cheminea dunha casa en Cambela (O Bolo). Ata o lugar desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil do Bolo, os bombeiros do parque comarcal, a Garda Civil e o GES A Veiga.

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoas, pero durante os labores de extinción houbo momentos de tensión ao tratarse dunha casa de madeira.

Imaxes cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button