O municipio de San Xoán de Río rexistraba na pasada noite na un incendio forestal na parroquia de Santa María de Vilardá, que se iniciaba ás 22:50h. e quedaba extinguido ás 2:45h. de hoxe.
Nos labores de extinción participaban 3 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas. O lume afectaba, segundo os datos da Consellería do Medio Rural, a 1 hectárea de monte raso. Sen embargo, dende o Concello de San Xoán de Río apúntase que a superficie é maior e cífrase nunhas 5 hectáreas.
Imaxes cedidas.