
Na tarde deste venres 11 de fabreiro a familia do Centro de Deportes Barco recibía unha fatídica nova. Manuel Agustiño, directivo do C.D. Barco e “unha das persoas máis serviciais e queridas pola familia barquense”, en palabras do presidente do club, Nilo Ramos aparecía morto na súa casa, no Barco.
Ante esta triste nova, o club barquende decretaba un minuto de silencio para todos os seus partidos e portará brazaletes negros en sinal de loito.
“Sempre viaxaba co equipo. Era moi boa xente”, di Ramos, lamentando profundamente a perda.



