Na mañá deste mércores 9 de marzo os Concellos do Barco e A Rúa sumábanse á convocatoria impulsada pola Femp e a Fegamp, celebrando sendas concentracións diante das casas consistoriais, gardando cinco minutos de silencio como “mostra de solidariedade co pobo ucraíno”.
No caso do Barco onde residen 6 veciños ucraínos, era o propio alcalde Alfredo García quen daba as grazas aos asistentes, asegurando que “todo Valdeorras está en contra desta guerra e nós rexeitamos de forma taxante a invasión de Ucrania por parte de Rusia”.