EconomíaEconomíaÚltima hora

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral visita Aevaemprego

O director xeral de Orientación, reunido con representantes de AEVA, na súa sede no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
O director xeral de Orientación, reunido con representantes de AEVA, na súa sede no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A viaxe que Alfonso Marnotes, director xeral de Orientación e Promoción Laboral, realizaba a Valdeorras na mañá do 18 de marzo permitíalle coñecer in situ o programa Aevaemprego que vai pola súa cuarta edición. Esta iniciativa, que se desenvolverá no Barco ata setembro de 2016, pretende facilitar a inserción laboral do colectivo de desempregados da comarca de Valdeorras e inclúe diversas accións, como formación, orientación laboral e prospección dos mercados. Conta con 60 participantes.

Alfonso Marnotes saudando ao persoal de AEVA:/ Foto: Carlos G. Hervella.
Alfonso Marnotes saudando ao persoal de AEVA:/ Foto: Carlos G. Hervella.

Este programa integrado para o emprego está subvencionado pola Xunta de Galicia, e executado e cofinanciado pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).

Artigos relacionados

Back to top button