Con dúas propostas diferentes se conmemorará en Viana do Bolo o Día do Libro. A primeira delas será a I Feira do Libro e do Libro de ocasión que se celebrará o mesmo 23 de abril a partires das catro e media da tarde na praza Maior da vila. Dende o Concello de Viana infórmase de que os “beneficios recadados pola venda de libros de ocasión serán doados a Cáritas e aos refuxiados sirios coa colaboración do Grupo de Lactancia e Crianza de Viana do Bolo”.
Por outra banda, e dentro do programa Ler Conta Moito, tamén en Viana terá lugar un obradoiro de marionetas de papel o 25 de abril ás catro e media na Casa da Cultura. Estará dirixido a nenos de 6 a 12 anos. As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse no CIM ata o 25 de abril.