O campo municipal de Calabagueiros está sendo novamente replantado, por iso era o campo de San Martiño, en Quiroga, o lugar elixido para un novo test de nivel para o CD Barco, desta volta ante o CD Arenteiro de 2ª RFEF.
O partido, disputado na tarde deste mércores 24 de agosto, comezaba ás 19 horas pero non era ata o minuto 34 cando o gol de Vitra adiantaba no marcador ao conxunto do Carballiño. Co 1-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, os de Javi Rey lograban empatar grazas ao gol marcado por Juan Barbeito. Así e todo os de Fran Justo non quedaban conformes co empate e no minuto 79 Curro sentenciaba o encontro co 1-2 definitivo.
O seguinte partido para o CD Barco será o Memorial Miguel Fariñas, triangular amigable que se disputará o vindeiro sábado no Campiño de Viloira. O CD Arenteiro pola súa banda, xogará ese mesmo día a final da fase autonómica da Copa RFEF contra a SD Compostela, no campo de fútbol de Baltar en Portonovo.
Fotos: Carlos G. Hervella.