ConcellosRubiáÚltima hora

Evacuada unha muller tras rexistrarse un escape de gas na súa vivenda en Rubiá

 

Unha muller era evacuada na pasada noite a un centro médico tras rexistrarse un escape de gas na súa casa en Rubiá, segundo informa o 112 Galicia. Os feitos ocorreron nunha vivenda situada na Estrada de Vilardesilva.

O 112 Galicia tivo coñecemento do escape de gas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, uns minutos despois das 21:00 horas da pasada noite. De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras e á Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button