Seguindo a estela das últimas edicións, será un actor quen dé o pistoletazo de saída á XXI Festa do Botelo. O vindeiro 21 de xaneiro en torno ás 12 horas, Federico Pérez Rey subirase ao escenario do Teatro Lauro Olmo para ler o pregón desta edición da festa gastronómica. Así o explicaba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación do programa que tiña lugar na mañá deste luns 9 de xaneiro.
O actor que tamén foi o pregoeiro da última edición da Feira do Viño de Valdeorrasm, é o protagonista do filme O Corpo Aberto que se proxectará no cine barquense os días 19 e 22 de xaneiro (sesións ás 17, 19 e 21 horas).
Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/as-entradas-para-a-xxi-festa-do-botelo-do-barco-poranse-a-venda-o-14-de-xaneiro-no-teatro-lauro-olmo/