EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Carballiño inicia a programación da Festa do Pulpo cunha ruta de tapas

Un total de 15 establecementos presentarán hoxe e mañá os seus mellores pinchos con este producto ao prezo de 1 euro

O Concello do Carballiño ergue o telón á programación festiva da 54 edición da Festa do Pulpo cunha ruta de tapas pola vila. Durante hoxe e mañá, un total de 15 establecementos hostaleiros ofrecerán pinchos con este producto ao prezo de 1 euro con cada consumición. A presentación da iniciativa tivo lugar esta mañá.

Arroz caldoso con pulpo, vinagreta de pulpo, brocheta de pulpo e cogumelos son algúns dos pinchos que foron amosados durante o acto de presentación e que poderán ser degustados a partires das 20h. Os establecementos participantes nesta edición son: Don Paco, Soldado, Loft, Os Portales, O Fiadeiro, Peñasco, Flamingo, Raíña das Tapas, Pituxo, A Fuchela, Da Vinci, Roraima, Parrillada San Andrés, Pulpería Carballiño e Comonacasa.

Entre os asistentes á presentación estivo o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, o edil de Cultura, Diego Fernández, o titular de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, e a concelleira de Benestar social, Marina Ortega. Tamén participou unha representación dos hostaleiros que participan na iniciativa, así como a xerente do CCA, Noelia Mares e a representante da Bodega Pazo Tizón, Cristina Mouriño.

Artigos relacionados

Back to top button