A oitava edición da andaina solidaria da Asociación de Veciños Ramón de Armariz será en beneficio de Afaor. Esta camiñata está programada para o vindeiro 6 de agosto. O seu percorrido partirá do Souto de San Ramón e cubrirá unha distancia de 12 km.
“Cada ano, o recaudado nesta andaina é doado a unha organización sen animo de lucro, e este ano desde a organización da andaina pensaron en Afaor para que sexa a beneficiaria desta recaudación”, explican dende a organización.
Contarase cunha ampla zona de aparcamento gratuíto, avituallamiento para a carreira, e ao final haberá un sorteo de regalos.
O prezo da inscrición é de 4 euros e o prazo para anotarse conclúe o 4 de agosto. Nestes momentos hai xa inscritas unhas 150 persoas e espérase acadar os 200 participantes”, adiantan os promotores.