Na tarde deste xoves 4 de xaneiro o deporte e a solidariedade mandan no campo de fútbol municipal de Calabagueiros.
Dende as 19 horas estase disputando un triangular benéfico con entrada de balde a cambio de alimentos non perecedoiros para Cáritas O Barco, no que participan os tres equipos sénior de fútbol da comarca de Valdeorras: CD Barco, CD Rúa e CD Córgomo Vilamartín.
Os primeiros en xogar (partidos de 45 minutos de duración cada un) eran o CD Barco e o CD Córgomo resolvéndose o encontro co 2-0 favorable para os vermellos. O segundo, aínda en xogo, enfronta ao CD Barco co CD Rúa quedando o CD Córgomo-CD Rúa para o final.
Fotos (excepto a última que é cedida) e vídeo: Mónica G. Bellver.