Era un partido moi especial. Non só por ser unha das finais para o CD Barco que se xoga a permanencia na categoría, senón porque era o elixido pola directiva para convidar aos nenos e aos seus pais de toda a contorna a asistir ao campo. E ninguén defraudou.
Numeroso público, cun ambiente que hai tempo non se vía en Calabagueiros, moitos deles cativos, asistía dende as bancadas e tamén a pé de campo ao encontro disputado na tarde deste domingo 14 de abril ante o Atlético Arnoia ao que vencía por 2 goles a 1.
Eran os locais os que se adiantaban no marcador no minuto 28 cun penalti transformado por Óscar Martín e no 34′ Rubén empataba para o Atlético Arnoia. Co empate a uns chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario no minuto 75 Pazos sentenciaba o encontro co segundo gol local, tamén de penalti.
Con esta gran vitoria o Barco suma 35 puntos e sitúase no posto 13º. O seguinte partido será na Illa de Arousa contra o Celtiga FC.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver