
O vindeiro sábado 14 de setembro, Día do Cristo do Barco, comezará á liga de fútbol sala en Preferente Galicia Sur na que unha tempada máis competirá o Pizarras Los Tres Cuñados FS (malia descender o ano pasado solicitaban praza e ao quedar unha vacante concedéronlla).
O primeiro partido para o conxunto valdeorrés será en casa, no Pavillón Municipal de Calabagueiros ás 19:30 horas contra o CVC Valladares Paz Floor. Un partido que dende o Tres Cuñados fixeron coincidir co VII Memorial Jess Carrera, en homenaxe ao xove deportista falecido nun fatídico accidente de tráfico.



