CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa golea ao SDC Arrabaldo e logra a segunda vitoria da tempada

Co 5-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 20 de outubro no Vicente Solarat Maceda

 

O CD Rúa comezaba a tempada na Segunda Futgal (Ourense) cunha vitoria en casa e non volvía gañar, ata hoxe. Cun contundente 5-0 se resolvía o partido da xornada 7, disputado na tarde deste domingo 20 de outubro no campo Vicente Solarat Maceda entre o Rúa e o SDC Arrabaldo. Un partido con claro dominio do conxunto local dirixido por ‘Broco’.

 

 

Malia os pases e as oportunidadeas non era ata o minuto 25 cando Eric abría o marcador amarelo, rematando a primeira parte co 1-o no marcador. Pero xa na segunda parte, sucedíanse os goles sen opción para os visitantes. Emilio marcaba no minuto 46; Brando no 67′; Juan no 77′ e Hugo no 88, sentenciando o encontro, segundo figura na acta da FGF.

 

 

Con este resultado o CD Rúa sitúase no posto 13 da clasificación con seis puntos. O seguinte partido será no campo do Francelos FC.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button